Error
Comienza el Carnaval en el Ayuntamiento de Bande Imprimir
Lunes, 02 de Febrero de 2009

Los Troteiros animarán a partir del sábado día 6 de febrero las aldeas del Ayuntamiento de Bande con el ruido ensordecedor de sus chocas, buscando quien los invite a un licor café para entrar en calor en estas frías tardes. Descargar cartel.

Os Troteiros animarán a partir deste sábado as aldeas do Concello de Bande co ruído enxordecedor das súas chocas, buscando quen os invite a un licor café para entrar en calor nestas frías tardes. A primeira oportunidade para velos será o día 7 a partir das 15:15, hora de chegada á aldea de Sarreaus (no campo da festa), Calvos (15:45h. no centro social), Corvelle (16:30h. na Corredoira), Pereira (17:15h. na casa do pobo), Seoane, Recarei, Cadós, A Granxa, Rubiás, Pazos e Souto (chocada dos Troteiros), Vilela, As Maus, Lebosandaus, Porto Quintela (chocada dos Troteiros), Santa Comba (18:30h. onda a igrexa visigótica), O Pazo, Mexide e As Forcadas (chocada dos Troteiros). Este ano a súa axustada axenda levaraos a percorrer en dous días todo o concello. O sábado 14 de febreiro producirase a segunda saída dos Troteiros ás 15:00h. do bar Casanova. Chegada á aldea de Vilameá (15:15h. na praza maior), Buxán, Sordos (chocada dos Troteiros), Nigueiroá (16:00h. onda a igrexa), Garabelos (16:20h. na capela), Ribeiro (16:45h. nas Campinas), A Ponte Liñares, Güín, Trarigo, Carpazás, Vilar, Lueda (chocada dos Troteiros) e Martiñán (19:30h. onda o forno).