|
A Cow Parade chegou a Bande! |
|
|
|
|
Mércores, 23 Xuño 2010 |
|
E é que Bande está de moda!
Seguindo as diferentes exhibicións de vacas decoradas ao gusto de diferentes artistas (Cow Parade, “Desfile de vacas”) das máis famosas cidades internacionais como Londres, Nova Iork, Tokio, Madrid ou Barcelona, hoxe día 23 de xuño as 19:30 hrs. poderase visitar na Casa do Concello de Bande unha exposición realizada polos alumnos e alumnas de terceiro curso da ESO do IES Aquis Querquernis emulando a xa famosa Cow Parade. Nesta exposición haberá un total de 28 vacas, unha por cada alumno, pintadas e decoradas segundo a súa sensibilidade.
As diferentes vaquiñas estarán feitas en escaiola e serán adornadas e decoradas con diferentes materiais baixo a creatividade destes pequenos-grandes artistas. A mostra completarase cunha serie de traballos feitos polos alumnos do IES ao longo do curso 2009/10.
Esta actividade está plantexada dende o Departamento de Debuxo do IES Aquis Querquernis e dirixida pola profesora do mesmo, Ana Delia Rodríguez Dorrego en colaboración coa Concellería de Cultura de Bande.
A exposición permanecerá aberta durante unha semana en horario de mañá e tarde.
|