Consellaría de Innovación e Industria
Accesibilidade Mapa Web
  • Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
Concello de Bande
   Inicio Centro de atención cidadá Novas I maratón de fútbol – sala Festa do Peixe
 
I maratón de fútbol – sala Festa do Peixe PDF Imprimir Correo-e
Luns, 24 Maio 2010

Ata o día 2 de xuño está aberto o prazo de inscrición para participar no I maratón de fútbol – sala da Festa do Peixe. Os interesados en participar poderán face-la inscrición, cun custo de 150€ equipo, no pavillón de deportes ou chamando ó teléfono 690 920 133. Haberá premios para os catro primeiros clasificados. O primeiro clasificado recibirá 1.500€, 1.000€ o segundo, 600€ o terceiro e 300€ o cuarto. A organización do evento resérvase o dereito de facer cumprir a normativa da competición establecida na reunión. En caso de non chegar a un mínimo de 24 equipos o premio poderá ser reducido, previo á competición e avisando a tódolos equipos de antemán. Reunión e comezo do campionato: venres 4 de xuño ás 21:00h. no pavillón de deportes.