|
Existen tres posibles vías de acceso para chegar a Bande: -
Dende Ourense: O acceso máis rápido realizase pola estrada OU-540 Lugo-Portugal (estrada de Celanova ). -
Dende a Meseta: Por medio da estrada N-525 Santiago-Zamora. En Xinzo de Limia coller a estrada PV-301 ata Bande. -
Dende Portugal: Existen tres posibles vías de acceso a través da fronteira: -
Portela do Home que une Lobios con Caldas do Gêres. -
Madalena que enlaza Ponte da Barca coa OU-540. -
Ameixoeira que comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo. Bande conta cun servizo de autobuses que se encarga de comunicar esta coas aldeas limítrofes, con saídas diarias da Estación de Autobuses de Ourense. Tfno.: 988 225 288 ademais dunha parada de taxis na rúa Badella, s/n e unha estación de servizo. Na seguinte imaxe pódese ver máis en detalle os accesos dende os puntos máis comúns. A través desta ligazón na guía michelin pode ampliar información sobre os distintos accesos ao Concello de Bande. Tamén a través do seguinte enlace pode acceder á ubicación de bande dende Google Maps .
|