|
Bande localízase nun val rodeado de montañas que alcanzan entre os 800 e os 1.140 metros de altitude. Ao Norte e Noroeste encóntranse elevacións como as do monte Fonte Santa con 1.086 metros, ou o monte Castro con 906 metros; ao Oeste encóntrase o monte Congostro de 911 metros, e ao Suroeste o monte Penamaior con 922 metros sobre o nivel do mar.
O Concello de Bande exténdese sobre unha superficie de 99,4 km2 e un censo de 2285 habitantes (1050 homes e 1235 mulleres) cunha densidade de poboación de 23,1 habitantes por km² repartidos entre doce parroquias. Picando enriba de cada parroquia acudirás a unha descrición máis detallada de cada unha delas.
| Parroquia |
Superficie |
Habitantes |
| Bande |
20,54 Km² |
1109 |
| Os Baños |
6,99 Km² |
123 |
| Cadós |
7,07 Km² |
100 |
| Calvos |
9,72 Km² |
141 |
| Carpazás |
4,96 Km² |
93 |
| Corvelle |
14,68 Km² |
176 |
| Garabelos |
2,5 Km² |
44 |
| Güin |
3,87 Km² |
71 |
| Nigueiroá |
2,4 Km² |
74 |
| O Ribeiro > |
14 Km² |
115 |
| Santa Comba |
6,53 Km² |
189 |
| Vilar |
5,65 Km² |
50 |
Bande
Esta parroquia está formada polos pobos de Bande, Buxán, Lueda, Martiñán, Recarei, Sarreaus, Seoane, Sordos e Vilameá.
Caracterízase por ser o núcleo urbano do Concello e onde se desenvolven a meirande parte das tarefas administrativas.
O seu patrón é San Pedro.
Os Baños
Esta parroquia está formada polos pobos de Os Baños, Lebosandaus, Maus e Vilela.
O seu patrón é San Xoán.
Cadós
Esta parroquia está formada polos pobos de Cadós, Cima de Vila, a Granxa, Pazos, Ponte Cadós, Pumares, Rubiás e Souto.
O seu patrón é Santiago.
Calvos
Esta parroquia está formada polos pobos de Aldea de Arriba, A Igrexa, Ribas e Vilameá.
O seu patrón é Santiago.
Carpazás
Esta parroquia está formada polos pobos de Carpazás e Trarigo.
O seu patrón é San Pedro.
Corvelle
Esta parroquia está formada polos pobos de Corvelle e Pereira.
A súa patroa é Santa María.
Garabelos
Esta parroquia está formada polo pobo de Garabelos.
O seu patrón é San Xoán.
Güin
Esta parroquia está formada polos pobos de Güin e Ponte Liñares.
O seu patrón é Santiago.
Nigueiroá
Esta parroquia está formada polos pobos de Outeiro, Quintá e O Viñal.
O seu patrón é Santiago.
O Ribeiro
Esta parroquia está formada polos pobos de Barrio, As Campinas, Fervenza, Quintela e San Fiz.
O seu patrón é San Pedro Fiz.
Santa Comba
Esta parroquia está formada polos pobos de As Forcadas, Mexide, O Pazo, Porto Quintela, Quintela e Santa Comba.
O seu patrón é San Trocado.
Vilar
Esta parroquia está formada polo pobo de Vilar.
O seu patrón é San Pedro Fiz.
|